Páxina web en actualización, non perdas o que teremos de seguida neste 2026!
Logo Asociación Galega de Speedcubing

¿Que facemos?

A Asociación Galega de Speedcubing (AGS) naceu coa misión de fomentar e apoiar a práctica do speedcubing en Galicia.

Somos unha comunidade apaixoada polos cubos de Rubik e polos quebracabezas de velocidade. Organizamos competicións oficiais, talleres educativos, actividades para principiantes e encontros entre afeccionados.

O noso obxectivo é facer medrar esta comunidade, conectar ás persoas afeccionadas e promover o talento local para converter Galicia nun referente do speedcubing.

Eventos

Queres participar nos próximos eventos de speedcubing?

Consulta as próximas competicións!

Ver máis

Récords galegos

Consulta os mellores tempos conseguidos polos speedcubers galegos.

Actualizados tras cada competición oficial.

Ver máis

Competicións

Campionato de Vigo

A primeira competición oficial, celebrada en Galicia desde había 16 anos, foi en Vigo, o sábado 29 de xuño do 2024 no Centro Comercial Vialia. Foi un éxito rotundo, con máis de 45 participantes de todas as idades. Os asistentes gozaron dun día de competición intensa, onde se viron auténticas proezas de rapidez. O mozo speedcuber galego Alejandro Fernández López destacou ao facer o mellor tempo galego na modalidade de 3x3 con tan só 8.48 segundos, un tempo impresionante que o coloca entre os mellores de España.

A popularidade do speedcubing en Galicia segue en ascenso, e con cada novo evento, a participación medra. A vindeira gran competición terá lugar o 5 de setembro en Santiago de Compostela, onde se espera unha gran afluencia de competidores e público.

Próximas competicións oficiais en Galicia

Compostela Cubing 2026

📅 Data: sábado, 5 de setembro de 2026

📍 Lugar: Santiago de Compostela

Máis información

Prazas esgotadas

Logo Compostela Cubing 2026

Asóciate

Logo AGS

A nosa asociación é moi nova, naceu o pasado ano 2025! Axuda a comunidade galega de speedcubing a medrar ao facerte socio por tan só 10€/ano.

Ademais podes obter beneficios exclusivos:

  • Aceso a unha canle de WhatsApp exclusiva
  • Quedadas periódicas
  • Descontos no rexistro de competicións
  • Sorteos exclusivos entre socios
  • Participación en decisións relacionadas cos eventos das competicións
  • E moito máis...!

Para asociarte, só tes que enviar un correo a xeral@galiciaspeedcubing.org coa petición, e autorización dos teus pais ou titores legais no caso de que sexas menor de idade. Contestaremos con instruccións de como efectuar o pago e despois quedarás asociado!

Ponte en contacto con nós

Logotipo AGS